poñer
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /po.ˈɲeɾ/ (AFI)
poñer
- Colocar algo ou a alguén nun lugar concreto.
- Exemplo: Puxen a cadaquén no seu lugar debido.
- Exemplo: Puxen a cadaquén no seu lugar debido.
- Situar a alguén ou a algo no lugar adecuado.
- Exemplo: O xefe de protocolo puxo ao arcebispo no seu sillón.
- Exemplo: O xefe de protocolo puxo ao arcebispo no seu sillón.
- Dispoñer algo para un certo fin.
- Exemplo: Puxo as cousas no se sitio.
- Exemplo: Puxo as cousas no se sitio.
- Considerar algo a partir de indicios.
- Exemplo: Poñamos que isto sucedeu así.
- Exemplo: Poñamos que isto sucedeu así.
- Reducir, estreitar ou precisar a alguén a que execute algo contra a súa vontade.
- Exemplo: Púxoo nun apreto.
- Exemplo: Púxoo nun apreto.
- Deixar algo á resolución ou á disposición doutro.
- Exemplo: Eu poño a resolución destes problemas na túa sapiencia.
- Exemplo: Eu poño a resolución destes problemas na túa sapiencia.
- Escribir algo nun papel.
- Exemplo: Puxen as miñas queixas por escrito.
- Exemplo: Puxen as miñas queixas por escrito.
- Facer uso de certos medios de comunicación.
- Exemplo: Puxemos telegramas a todos os familiares.
- Exemplo: Puxemos telegramas a todos os familiares.
- Dito das aves ou doutros animais ovíparos, depositar o ovo.
- Exemplo: Este mes as miñas galiñas puxeron poucos ovos.
- Exemplo: Este mes as miñas galiñas puxeron poucos ovos.
- Nos xogos de azar, apostar unha cantidade de diñeiro.
- Exemplo: Puxen todo o diñeiro que me quedaba ao vermello na ruleta.
- Exemplo: Puxen todo o diñeiro que me quedaba ao vermello na ruleta.
- Establecer ou instalar algo.
- Exemplo: Co meu curmán puxemos unha libraría.
- Exemplo: Co meu curmán puxemos unha libraría.
- Representar unha obra de teatro ou proxectar un filme no cine ou na televisión.
- Exemplo: Na tele ese mes están poñendo un ciclo de películas do oeste.
- Exemplo: Na tele ese mes están poñendo un ciclo de películas do oeste.
- Facer a operación necesaria para que algo funcione.
- Exemplo: Cada noite poño a radio.
- Exemplo: Cada noite poño a radio.
- Aplicar un nome, un alcume, etc., a unha persoa, a un animal ou a unha cousa.
- Exemplo: Os netos puxéronlle ao avó o alcume de "o vello sen dentes".
- Exemplo: Os netos puxéronlle ao avó o alcume de "o vello sen dentes".
- Contribuir ou colaborar con algo nunha empresa ou actividade.
- Exemplo: Meu compadre poñerá o diñeiro e eu o traballo.
- Exemplo: Meu compadre poñerá o diñeiro e eu o traballo.
- Prestar apoio a unha persoa ou a unha causa.
- Exemplo: Todos os colegas puxéronse da miña parte.
- Exemplo: Todos os colegas puxéronse da miña parte.
- Expoñer algo á acción dun axente determinado.
- Exemplo: A lavandeira puxo a roupa a secar ao sol.
- Exemplo: A lavandeira puxo a roupa a secar ao sol.
- Expoñer a alguén a algo desagradábel ou malo.
- Exemplo: Sen querer puxen a meu amigo en perigo.
- Exemplo: Sen querer puxen a meu amigo en perigo.
- Tratar ben ou mal a alguén de palabra ou obra.
- Exemplo: Puxérono a parir.
- Exemplo: Puxérono a parir.
- Xunto con algúns nomes, realizar a acción designada por estes.
- Exemplo: Poñer en dúbida.
- Exemplo: Poñer en dúbida.
- Valerse de alguén para conseguir un fin determinado.
- Exemplo: Puxo por intercesor ao seu amigo.
- Exemplo: Puxo por intercesor ao seu amigo.
- Causar o significado polo nome que segue.
- Exemplo: Poñer paz.
- Exemplo: Poñer paz.
- Establecer, impoñer ou mandar algo.
- Exemplo: Debido á crise económica, o goberno puxo novos impostos.
- Exemplo: Debido á crise económica, o goberno puxo novos impostos.
- Tratar a alguén dunha maneira determinada.
- Exemplo: Púxoo como chupa de dómine.
- Exemplo: Púxoo como chupa de dómine.
- Facer adquirir a alguén ou a algo unha condición ou estado determinado.
- Exemplo: O que lle dixo púxoo colorado.
- Exemplo: O que lle dixo púxoo colorado.
poñerse
- Quedar alguén ou algo nun estado diferente ao que tiña.
- Exemplo: Coa impresión recibida púxose pálido.
- Exemplo: Coa impresión recibida púxose pálido.
- Ocultarse un astro, especialmente o Sol, detrás do horizonte.
- Exemplo: No verán o Sol ponse tarde.
- Exemplo: No verán o Sol ponse tarde.
- Chegar alguén ou algo dun lugar a outro.
- Exemplo: Púxose en Madrid en cinco horas.
- Exemplo: Púxose en Madrid en cinco horas.
- Pasar alguén a ocupar un determinado sitio, movéndose desde o que ocupaba anteriormente.
- Exemplo: Enfurecido, púxoseme diante.
- Exemplo: Enfurecido, púxoseme diante.
- Vestirse ou arranxarse.
- Exemplo: Ponte ben guapa, que hoxe é día de festa.
- Exemplo: Ponte ben guapa, que hoxe é día de festa.
- Mancharse, ensuciarse.
- Exemplo: Andando pola corredoira púxose perdido de lama.
- Exemplo: Andando pola corredoira púxose perdido de lama.
- Compararse, competir con alguén.
- Exemplo: Póñome entre os máis elegantes.
- Exemplo: Póñome entre os máis elegantes.
- Atender unha chamada telefónica.
- Exemplo: Púxenme ao aparato.
- Exemplo: Púxenme ao aparato.
- Comezar a executar unha determinada acción.
- Exemplo: Poñerse a escribir.
- Exemplo: Poñerse a escribir.
Variantes
Termos relacionados
poñer a andar, poñer a mal, poñer a cen, poñer a pan pedir, poñer a parir, poñer dos nervios, poñer en bandexa, poñer en claro, poñer lume, poñer o dedo na chaga, poñer o ramo, poñer os bois ao carro, poñer pingando, poñer por caso, poñer verde, poñerse ben, poñerse na pel de alguén, poñerse ao día.
Traducións
Conxugación
Verbo irregular da 2ª conxugación
Infinitivo | poñer |
Xerundio | poñendo |
Participio | posto, posta, postos, postas |
1 Vostede(s) |