do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Etimoloxía: do latín mediu(m).
Pronuncia: /ˈmeðjo̝/ (AFI)
Adxectivo
- A metade de algo.
- Exemplo: Póñame medio quilo de fanecas, por favor.
- Sinónimos: metade.
- Que se sitúe entre dúas posibilidades ou entre os extremos de algo.
- Exemplo: O seu coñecemento de inglés non chega nin a un nivel medio.
Adverbio
- Non de todo.
- Exemplo: Doutor, estou medio agripallado.
- Exemplo: Quen do alacrán está picado, cóidese medio enterrado.
- Sinónimos: parcialmente.
Substantivo masculino
- Punto situado no centro dun espazo.
- Acción ou útil que se necesita para facer algo.
- Exemplo: A principal causa de morte nos países desenvolvidos é precisamente a falta de medios.
- Conxunto de circunstancias materiais, persoais, económicas, sociais, etc. que inflúen no desenvolvemento dunha persoa.
- Xogador que en determinados deportes ocupa unha posición entre a defensa e a dianteira.
- Recipiente usado en tempos para transporta-lo viño, dunha capacidade de entre 16 e 20 cabazos (cada cabazo son 15-20 litros).
Substantivo masculino plural
- Recursos, referidos ó capital.
- Conxunto de empresas dedicadas á transmisión de información e á formación de opinión.
Termos relacionados
Traducións