Saltar ao contido

proxectar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pɾo.ʃɛk.ˈtaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

proxectar

  1. Lanzar, dirixir cara a diante ou a distancia algo.
    • Exemplo: Unha máquina proxectaba os discos aos que os tiradores debían disparar.

  2. Reproducir sobre unha pantalla, por medio dun proxector, unha imaxe óptica ampliada de diapositivas, filmes, etc.
    • Exemplo: Esta tarde imos proxectar ante a familia as diapositivas que fixemos na viaxe a Roma.

  3. Facer un proxecto de arquitectura ou enxeñaría.
    • Exemplo: Os arquitectos proxectan edificios. O enxeñeiro de camiños proxectou a nova ponte.

  4. Ter intención de facer algo e pensar en todo o necesario para a súa execución.
    • Exemplo: Había semanas que proxectaba a viaxe.

  5. (Psicoloxía) Atribuír alguén sentimentos, intencións ou estados de ánimo propios a outra persoa.
    • Exemplo: O esposo proxectaba as tensións na súa muller.

  6. (Xeometría) Trazar liñas rectas desde todos os puntos dun sólido ou outra figura, segundo determinadas regras, para obter a súa representación nunha superficie.
    • Exemplo: Proxectaremos a esfera terráquea sobre un folio.

Observacións

Verbo pronominal

proxectarse

  1. Facerse visíbel sobre un corpo ou unha superficie a figura ou a sombra doutro.
    • Exemplo: A sombra das torres proxectábase na praza

      .