determinar
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín determĭnāre.
Pronuncia: /de.tɛɾ.miˈnaɾ/ (AFI)
determinar
- Establecer os termos, límites, alcance ou condicións dunha cousa.
- Sinónimos: delimitar, precisar, definir
- Antónimos: indeterminar, deixar indefinido
- Termos relacionados: determinación, límite, termo, delimitación
- Exemplo: O regulamento determina as obrigas de cada participante.
- Exemplo: O primeiro capítulo determina o ámbito do estudo.
- Fixar ou establecer con precisión unha data, prezo, lugar, valor, norma ou condición.
- Establecer ou coñecer con precisión algo mediante cálculo, medición, investigación ou razoamento.
- {{sin|calcular, medir, identificar, establecer}
- Termos relacionados: análise, cálculo, medición, investigación
- Exemplo: A análise permitiu determinar a composición da mostra.
- Exemplo: Cómpre determinar a distancia exacta entre os dous puntos.
- Decidir ou resolver facer algo despois de deliberar ou considerar unha situación.
- Sinónimos: decidir, resolver, acordar, dispoñer
- Antónimos: dubidar, vacilar, indecidirse
- Termos relacionados: decisión, determinación, resolución
- Exemplo: Onte determinou marchar canto antes.
- Exemplo: Despois de moito falar, determinaron continuar co proxecto.
- Causar, motivar ou ser a razón directa dunha cousa.
- Inducir, impulsar ou levar alguén a actuar dunha determinada maneira.
- (Dereito) Prescribir, dispoñer ou indicar con autoridade o que debe facerse ou como debe facerse.
- Sinónimos: dispoñer, dispor, ordenar, prescribir
- Antónimos: permitir, deixar libre, autorizar
- Termos relacionados: lei, norma, orde, autoridade
- Exemplo: A lei determina quen ten dereito á prestación.
- Exemplo: A Constitución determina a igualdade de todos ante a lei.
- (Lingüística) Precisar ou restrinxir o significado dun substantivo ou dun sintagma nominal por medio dun determinante.
- Sinónimos: precisar, especificar
- Termos relacionados: determinante, substantivo, sintagma nominal, determinación
- Exemplo: O artigo determina o substantivo ao que acompaña.
- Exemplo: Nesta oración, o posesivo determina o nome.
- (Bioloxía) Identificar un ser vivo ou grupo biolóxico e asignalo á categoría taxonómica que lle corresponde.
- Sinónimos: identificar, clasificar, recoñecer
- Termos relacionados: taxonomía, especie, xénero, clasificación
- Exemplo: O equipo conseguiu determinar a especie a partir das mostras recollidas.
- Exemplo: Para determinar o exemplar, cómpre observar as súas características morfolóxicas.
determinarse
- Decidirse ou tomar unha decisión firme de facer algo.
- Sinónimos: decidirse, resolverse, animarse, atreverse
- Antónimos: dubidar, vacilar, botarse atrás
- Termos relacionados: decisión, determinación, vontade
- Exemplo: Determineime a seguir, malia todas as dificultades.
- Exemplo: Cando te determines, avísanos.
- Quedar algo establecido, definido ou fixado con claridade.
- Sinónimos: definirse, fixarse, precisarse, establecerse
- Antónimos: indeterminarse, confundirse
- Termos relacionados: determinación, definición, precisión
- Exemplo: A data da reunión aínda non se determinou.
- Exemplo: Co tempo determináronse mellor os límites do territorio.
Termos relacionados
- determinación
- determinado
- determinador
- determinante
- determinable
- determinábel
- determinismo
- determinista
- indeterminar
- indeterminado
- indeterminación
- delimitar
- precisar
- fixar
- definir
- calcular
- decidir
- resolver
- causar
Traducións
1-3. Delimitar, fixar ou establecer con precisión
4. Decidir ou resolver facer algo
5-6. Causar ou inducir
7. Prescribir ou dispoñer por autoridade
8-9. Lingüística e Bioloxía
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
| Infinitivo | determinar |
| Xerundio | determinando |
| Participio | determinado, determinada, determinados, determinadas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para determinar.
- «determinar» no DIGALEGO, Ir Indo.