establecer
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín vulgar *stabiliscĕre, 'tornar estable'.
Pronuncia: [es.ta.βleˈθeɾ], [es.ta.βleˈseɾ] (AFI)
establecer
- Poñer algo de maneira estable nun determinado lugar.
- Exemplo: Estableceu a súa residencia en Compostela.
- Exemplo: Os principais bancos estableceron oficinas na mesma rúa.
- Exemplo: Estableceu a súa residencia en Compostela.
- Facer que algo entre en vigor, se poña a funcionar ou teña efecto de modo máis ou menos estable.
- Exemplo: O goberno decidiu establecer un novo regulamento.
- Exemplo: O acordo establece un prazo de seis meses.
- Exemplo: O goberno decidiu establecer un novo regulamento.
- Impoñer unha determinada orde, norma ou mandato.
- Exemplo: A lei establece diferentes sancións para ese delito.
- Exemplo: A lei establece diferentes sancións para ese delito.
- Fundar ou probar algo con argumentos ou razóns sólidas.
- Exemplo: Non foron quen de establecer a culpabilidade do acusado.
- Exemplo: O estudo permite establecer unha relación entre ambos os fenómenos.
- Exemplo: Non foron quen de establecer a culpabilidade do acusado.
establecerse
- Fixar a residencia, a sede ou a actividade nun lugar determinado.
- Exemplo: Establecéronse en París.
- Exemplo: A empresa estableceuse na comarca arousá hai poucos anos.
- Exemplo: Establecéronse en París.
Sinónimos
Variantes
Termos relacionados
Traducións
1-5. Poñer, fixar, instaurar ou facer estable
Conxugación
Verbo semirregular da 2ª conxugación
| Infinitivo | establecer |
| Xerundio | establecendo |
| Participio | establecido, establecida, establecidos, establecidas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para establecer.
- «establecer» no DIGALEGO, Ir Indo.
Castelán
establecer