xogo
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego


Etimoloxía: do latín jocus ou iocus, broma, entretemento, a través do galego-portugués jogo.
Pronuncia: /'ʃɔ.ɣo̯/ (AFI)
Substantivo masculino
xogo (sg: xogo; pl: xogos)
- Acción de xogar.
- Exemplo: Deixa o xogo e ven xantar.
- Cada unha das actividades que se realizan co único fin de entreterse e divertirse, e que se caracterizan por estar organizadas conforme unhas regras determinadas e, ás veces, por precisar duns obxectos concretos.
- Exemplo: O tute é un xogo.
- Aquilo co que se xoga seguindo determinadas regras.
- Exemplo: Regaláronme un xogo de xadre.
- Entretemento no que se arriscan cartos.
- Exemplo: Arruinouse por culpa do xogo.
- Conxunto de cartas que nos xogos da baralla ten un xogador na man.
- Exemplo: Nesta partida levo un bo xogo.
- Conxunto de cousas que teñen as mesmas características básicas e, complementándose, serven para un mesmo fin.
- Exemplo: Un xogo de chaves. Un xogo de café.
- Combinación de certas cousas que dá lugar a un conxunto.
- Exemplo: Xogos de luces. Xogos de auga.
- Maneira de xogar.
- Exemplo: Fixo un xogo moi hábil e gañou.
- Maneira de actuar conforme unhas intencións determinadas.
- Exemplo: Non lle sigas o xogo a esa xente.
- Parte pola que se unen dous ósos, e movemento desa parte.
- Exemplo: O pantalón estórbame no xogo da perna.
Substantivo masculino plural
- Reunión deportiva na que se realizan competicións de distintos deportes.
- {{exemplo|Os Xogos Olímpicos.
Observacións
- Na 10ª acepción son sinónimos artellamento, articulación, xoga, xógara, xunta, xuntura.