arranxar
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do francés arranger, 'ordenar'.
Pronuncia: [a.ranˈʃaɾ] (AFI)
arranxar
- Poñer en orde ou dispoñer de maneira adecuada e conveniente unha cousa, un lugar ou un conxunto de cousas.
- Sinónimos: amañar, arrombar, atondar, aviar, ordenar
- Antónimos: desamañar, desarranxar, desordenar
- Termos relacionados: arranxo, orde, ordenación
- Exemplo: Arranxa os teus libros na biblioteca.
- Exemplo: Arranxou a casa nunha mañá.
- Preparar ou dispoñer o necesario para realizar, utilizar ou aproveitar algo.
- Sinónimos: preparar, aviar, amañar, dispoñer
- Termos relacionados: preparación, equipamento, víveres
- Exemplo: Andaba arranxando o barco, cargando víveres e equipamento.
- Exemplo: Arranxei un pouco de carne para o xantar.
- Reparar ou facer que volva funcionar unha cousa que estaba estragada, rota, danada ou avariada.
- Sinónimos: amañar, gobernar, recompoñer, recompor, reparar
- Antónimos: desarranxar, estragar, avariar
- Termos relacionados: arranxo, reparación, avaría
- Exemplo: Levei a radio a un técnico para que ma arranxe.
- Exemplo: Xa me arranxaron o coche.
- Resolver, solucionar ou dar saída a un asunto, problema ou conflito, especialmente mediante acordo.
- Poñer paz ou restablecer a convivencia nun lugar, grupo ou relación onde había conflito.
- (Música) Adaptar unha obra musical para voces, instrumentos ou formacións diferentes das orixinais.
- Sinónimos: instrumentar, adaptar
- Termos relacionados: arranxo, música, melodía, instrumentación
- Exemplo: O músico arranxou varias pezas de Vivaldi.
- Exemplo: A compositora arranxou a canción para cuarteto de corda.
- Adobar, aderezar ou condimentar un alimento.
- Preparar, vestir ou compoñer a alguén para que presente bo aspecto.
arranxarse
- Amañarse ou ser quen de facer, resolver ou levar adiante algo por si mesmo.
- Sinónimos: amañarse, aviarse, gobernarse, valerse
- Antónimos: depender, necesitar axuda
- Termos relacionados: capacidade, autonomía, solución
- Exemplo: Arranxouse el só para rematar o traballo no prazo previsto.
- Exemplo: Non te preocupes por min, xa me arranxo.
- Chegar a un acordo, solución ou entendemento con outra persoa.
- Sinónimos: entenderse, acordar, avirse, conciliarse
- Antónimos: desavir, enfrontarse, romper
- Termos relacionados: acordo, entendemento, arranxo
- Exemplo: Os litigantes arranxáronse e non foron a xuízo.
- Exemplo: Ao final arranxámonos cun prezo aceptable para todos.
- Reconciliarse dúas ou máis persoas que estaban afastadas, enfadadas ou en conflito.
- Sinónimos: amigarse, avirse, conciliarse, facer as paces, reconciliarse
- Antónimos: enfadarse, pelexarse
- Termos relacionados: reconciliación, amizade, paz
- Exemplo: Os irmáns sempre acaban arranxándose.
- Exemplo: Por fin me arranxei con Iria despois daquela parvada.
- Vestirse, amañarse ou compoñerse para presentar bo aspecto.
- Sinónimos: aliñarse, amañarse, aviarse, compoñer, comporse
- Antónimos: desamañarse, descoidarse
- Termos relacionados: aspecto, roupa, arranxo
- Exemplo: Arranxouse moito para ir á festa.
- Exemplo: Agarda un pouco, que aínda me teño que arranxar.
- Vivir ou saír adiante cos medios ou recursos dos que se dispón.
- Sinónimos: amañarse, arranxarse, apañarse, gobernarse
- Antónimos: malvivir, afundirse
- Termos relacionados: recurso, medio, economía
- Exemplo: Arránxase aínda que ten unha pensión pequena.
- Exemplo: Co pouco que gaña, consegue arranxarse.
- Prepararse para unha viaxe, saída ou actividade.
- Sinónimos: prepararse, aviarse, amañarse
- Termos relacionados: viaxe, equipaxe, preparación
- Exemplo: Vaite arranxando, que saímos axiña.
- Exemplo: Xa me arranxei para facer o camiño.
Termos relacionados
- arranxo
- arranxado
- amañar
- amaño
- aviar
- reparar
- reparación
- ordenar
- orde
- desarranxar
- desarranxo
- solucionar
- solución
- reconciliar
- instrumentar
Traducións
1-2. Poñer en orde ou preparar
3. Reparar
4-5. Resolver, chegar a acordo ou poñer paz
6. Música
7-8. Aderezar ou compoñer o aspecto
Pronominal. Amañarse, reconciliarse ou vivir cos medios dispoñibles
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
| Infinitivo | arranxar |
| Xerundio | arranxando |
| Participio | arranxado, arranxada, arranxados, arranxadas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para arranxar.
- «arranxar» no DIGALEGO, Ir Indo.