por

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Galego

Preposición

por

  1. Lugar onde ou lugar a través de que.
    • Exemplo: Di que perdeu a carteira polo camiño. Vai pola corredoira collendo amoras. Polo mar abaixo vai unha troita de pé.
  2. Ante topónimos, denota o tránsito polo lugar indicado.
    • Exemplo: Foi a Lalín por Vilatuxe.
  3. Ante topónimos, indica unha localización aproximada.
    • Exemplo: Esa aldea está pola Terra Chá.
  4. Denota unha parte ou un lugar concretos.
    • Exemplo: Agarrei ao Xoán polo brazo.
  5. Úsase cos nomes de tempo, determinándoo.
    • Exemplo: Na miña horta as cereixas está maduras alá polo San Xoán. Por agosto.
  6. En clase ou calidade de.
    • Exemplo: O rei recibiu por esposa a unha duquesa.
  7. Denota causa.
    • Exemplo: Por unha delación dun compañeiro detivérona. Pechado por vacacións.
  8. Denota o medio de executar algo.
    • Exemplo: Co estranxeiro entendime por señas. Falei con ela por teléfono.
  9. Denota o modo de executar algo.
    • Exemplo: Por forza. Por todo o alto. Fíxeno polas boas.
  10. Denota prezo ou contía.
    • Exemplo: Compreino por cen pesos. Pola casa ofréceme unha boa horta.
  11. A favor, en defensa ou en proveito de alguén ou de algo.
    • Exemplo: Fágoo por ti. A miña neta tratoume moi ben, polo que a deixo mellorada. Por el daría a miña vida.
  12. En substitución de alguén ou de algo.
    • Exemplo: Ten aos seus mestres por pais.
  13. A xuízo ou opinión de.
    • Exemplo: Teno por un santo.
  14. Xunto con algúns nomes, denota que se ou se reparte con igualdade algo.
    • Exemplo: A perdiz por barba. Tocan dez euros por persoa.
  15. Relaciona os factores dunha multiplicación.
    • Exemplo: Tres por seis: dezaoito.
  16. Introduce o complemento dalgúns verbos.
    • Exemplo: Andaron preguntando por vós. Vinde por min ás cinco.
  17. Expresa o axente.
    • Exemplo: O problema é coñecido por todos.
  18. Seguido do pronome interrogativo que, serve para preguntar a causa ou o motivo polo que se fai ou ocorre algo.
    • Exemplo: Por que non viñeches? Dime por que non viñeches.
  19. Indica medio de transmisión ou de transporte.
    • Exemplo: Escoiteino pola radio. Fixen a viaxe por ferrocarril.
  20. Indica substitución.
    • Exemplo: Cambiou os zapatos polas botas.
  21. Denota proporción.
    • Exemplo: A tanto por cento.
  22. Úsase para comparar entre si dúas ou máis cousas .
    • Exemplo: Vila por vila, cal prefires, Carballo ou Negreira.
  23. Denota idea de compensación ou equivalencia.
    • Exemplo: O un polo outro. O comido polo servido.
  24. En orde a, acerca de.
    • Exemplo: Alegáronse varias razóns por unha e outra parte.
  25. Pasar a través de.
    • Exemplo: A vella pasou o fío polo ollo da agulla. Escorreu os chícharos por un coador.
  26. Denota carencia ou falta.
    • Exemplo: Isto está por puír. Quedan prazas por cubrir.
  27. Úsase en lugar da preposición a e o verbo traer ou outro.
    • Exemplo: Fun a por leña. Foi por viño. Hai que ir por pan.
  28. Con certos infinitivos, para.
    • Exemplo: Por mor da censura corrixín o texto.
  29. Con certos infinitivos, denota a acción futura destes verbos.
    • Exemplo: Está por vir. A sala está por varrer
  30. Detrás dun verbo, e diante do infinitivo dese mesmo verbo, denota falta de utilidade.
    • Exemplo: Comer por comer. É moi detallista, está varrendo por varrer.
  31. Precedida de non, ou seguida dun adxectivo ou dun adverbio e de que, ten valor concesivo.
    • Exemplo: Non por moito pintarte estarás máis guapa. Por atrevido que sexa non o fará.
  32. Tempo pouco preciso.
    • Exemplo: Aí polas tres da tarde hei de pasar por aquí. Polo mes de xaneiro neva e vai frío.
  33. Duración no tempo.
    • Exemplo: Déronlle traballo por seis meses.
  34. Causa ou motivo.
    • Exemplo: Has xantar ti só por chegares tarde.

Observacións

A preposición por contrae coa segunda forma dos artigos lo, la, los, las, dando as seguintes formas: polo, pola, polos, polas.