Saltar ao contido

dispoñer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /dis.poˈɲeɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

dispoñer

  1. Situar ou colocar persoas ou cousas segundo unha determinada orde, distribución ou disposición.
  2. Preparar ou organizar algo cunha determinada finalidade.
  3. Indicar, determinar ou prescribir aquilo que por obriga se debe facer.
  4. Decidir, resolver ou ordenar unha cousa a quen depende da propia autoridade ou vontade.

Verbo intransitivo

dispoñer

  1. (dispoñer de) Facer uso de algo ou alguén, ou valerse del.
  2. (dispoñer de) Poder facer uso de algo ou alguén, por telo á propia disposición.


Verbo pronominal

dispoñerse

  1. Situarse ou colocarse segundo unha determinada orde ou disposición.
  2. Prepararse para facer algo ou ter a intención de facelo.

Variantes

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias