Saltar ao contido

dicir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /diˈθiɾ/ ou /diˈsiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

dicir

  1. Expresar algo por medio da linguaxe oral ou escrita.
  2. Facer saber ou comunicar unha cousa a alguén.
  3. Afirmar, asegurar ou declarar algo como certo.
  4. Expresar unha orde, petición, consello ou indicación.
  5. Expresar unha resposta afirmativa ou negativa, especialmente con si ou non.
  6. Pronunciar sons, palabras ou textos en voz alta.
  7. Expresar algo por medio dun xesto, sinal, indicio ou outra manifestación non verbal.
  8. Estar escrito, indicado ou expresado nun texto, carta, letreiro ou documento.
  9. Significar, querer expresar ou ter determinado sentido unha palabra, expresión ou signo.
  10. Comentar, murmurar ou falar de alguén ou de algo.
  11. Nomear ou chamar a alguén ou algo dunha determinada maneira.
  12. (Relixión) Celebrar un sacerdote a cerimonia da misa.

Verbo intransitivo

dicir

  1. Ser adecuado ou vir ben unha cousa con outra.
  2. Ter unha cousa as calidades ou características que se expresan.


Verbo pronominal

dicirse

  1. Chamarse ou denominarse algo ou alguén dunha determinada maneira.
  2. Afirmarse, contarse ou murmurarse algo.
  3. Considerarse ou declararse unha persoa dunha determinada maneira.


Substantivo masculino

dicir (sg: dicir; pl: dicires)

  1. Expresión oral máis ou menos fixada polo uso.
  2. (Literatura) Composición poética medieval, cultivada especialmente no século XV, formada por coplas rematadas nunha estrofa máis breve.

Variantes

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias