cantidade

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: /kaŋtiˈðaðe̯/ (AFI)

Open book 01.png Substantivo feminino

cantidade (sg: cantidade; pl: cantidades)

  1. Calidade que posibilita que as cousas sexan medíbeis.
  2. (Metroloxía) Valor numérico que resulta dunha medición (dunha magnitude) que se expresa con números acompañado por unidades.
  3. Número de unidades ou medida pola que se determina o conxunto de cousas da mesma clase ou unha porción de materia.
  4. Porción ou número grande dunha cousa.
  5. Porción maior ou menor dunha cousa.
  6. Porción indeterminada de diñeiro.
  7. (Fonética e métrica) Duración dun son ou unha sílaba.

Traducións