Saltar ao contido

valer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /baˈleɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

valer

  1. Servir unha persoa ou cousa para realizar unha función ou para conseguir un fin determinado.
  2. Ter validez, eficacia ou aplicación nun determinado caso.
  3. Estar permitido algo.
  4. Vir ben, ser conveniente ou resultar favorable para unha cousa.
  5. Ter unha persoa ou cousa calidades, méritos ou valor que a fan ser estimada.
  6. Ir ou vir en auxilio de alguén.


Verbo transitivo

valer

  1. Ter o prezo ou custar a cantidade que se expresa.
  2. Ter o valor que se expresa ou equivaler a el.
  3. Merecer ou ser digno do esforzo, gasto ou sacrificio que se expresa.


Verbo pronominal

valerse

  1. Poder facer algo por un mesmo, sen axuda doutra persoa.
  2. (valerse de) Servirse dunha cousa ou dunha persoa para conseguir algo.

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias