pasar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: /paˈsaɾ/ (AFI)

Open book 01.png Verbo transitivo

pasar

  1. Levar [algo ou a alguén] dun lugar [a outro próximo].
  2. Entragar [algo a alguén].
  3. Facer chegar [algo a alguén] a través doutra persoa.
  4. Ser vítima de [algo desagradable ou penoso] durante un certo tempo.
  5. Consumir ou ocupar [certo tempo].
  6. Levar [algo] a través do interior [de algo].
  7. Levar [algo] pola superficie [de algo].
  8. Facer que [unha enfermidade propia] afecte [a alguén].
  9. Asar ou fritir [un alimento].
  10. Superar as dificultades ou problemas que comporta[algo].
  11. Deixar [algo] que [algo] o atravese.
  12. Finxir non decatarse de [algo] para xustificar non impor unha sanción.
  13. Deixar atrás [algo ou alguén].
  14. Facer que [algo] que está na boca vaia cara o estómago.
  15. Introducir [algo] nun país sen declaralo.
  16. Copiar [un texto] con algunha modificación [no contido, o formato ou a presentación].
  17. Ir dun lado a outro de [un lugar].

Open book 01.png Verbo intransitivo

pasar

  1. Vir dun lugar de camiño a outro.
  2. Desprazarse [dun lugar a outro].
    • Sinónimos: ir.
  3. Cambiar [dun estado, ocupación ou opinión a outro].
  4. Ir [a algún sitio] e facer unha parada nel.
    • Sinónimos: ir.
  5. Chegar á súa fin [un estado, situación ou suceso].
  6. Non participar nunha xogada.
    • Antónimos: ir.
  7. Ser válido para o fin que se busca.
  8. Ser considerado como.
  9. Ter abondo [con algo].
  10. Ter existencia [un feito] no pasado.
  11. Non necesitar [algo].
  12. Deixar que [algo] sexa ou se faga de determinada maneira cando se pode impedilo.
  13. Ir alén [de algo].
  14. Incluír [un río ou vía de comunicación certo lugar] como parte do seu percorrido.
  15. Poder atravesar [algo un lugar].
  16. Ir [dunha persoa ou colectivo a outro].

Open book 01.png Verbo pronominal

pasar

  1. Superar o límite razoable.
  2. Deixar de ter [algo] na memoria.
  3. Deixar de estar en bo estado un alimento.
  4. Integrarse [nun grupo] tras abandonar outro diferente.

Conxugación