ocupar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Verbo transitivo

ocupar

  1. Encher total ou parcialmente unha cousa que dispón de espazo libre.
    • Exemplo: Podes ocupar todos os andeis. Os deputados foron ocupando os seus escanos.

  2. Establecerse nun lugar en particular cando é pola forza e de maneira temporal.
    • Exemplo: Os veciños ocuparon o Concello durante horas. Os nazis ocuparon Francia durante a Segunda Guerra Mundial

      .
  3. Ter un determinado lugar como vivenda.
    • Exemplo: O propietario ocupaba o terceiro piso

      .
  4. Desempeñar ou exercer unha función, un cargo, etc.
    • Exemplo: Ocupa a carteira de Facenda. Ocupou durante anos a secretaría.

  5. Precisar unha cousa do tempo, a atención, etc. de alguén.
    • Exemplo: É un labor que ocupa moito tempo.

  6. Dedicar certo tempo a unha cousa.
    • Exemplo: Ocupou toda a mañá en limpar e engraxar a maquinaria. Tes que ocupar o teu ocio en algo que che guste

      .
  7. Dar traballo ou distracción a alguén.
    • Exemplo: A fábrica ocupa máis de catrocentos traballadores

      .

Verbo pronominal

  1. Poñerse ao cargo de certa cousa.
    • Exemplo: Ti tes que ocuparte do coidado do material

      .