seguir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [seˈɣiɾ] (AFI)

Verbo intransitivo

seguir

  1. Ir a continuación de algo.
  2. Estar [nunha situación ou estado] de maneira continuada.
  3. Non ter aínda a súa fin.

Traducións

Verbo transitivo

seguir

  1. Ir detrás de [algo ou algúen].
  2. Ir a algures despois de [alguén] por razóns similares.
  3. Ter [algo] como guía, modelo ou referencia.
  4. Non afastarse da forma de [algo percibido como unha liña].
  5. Estar de parte de [algo ou alguén].
  6. Dirixirse Modelo:ggl [un camiño].
  7. Volver facer [algo] despois dunha pausa.
  8. Ir con [alguén que dirixe o movemento].
  9. Entender [algo ou a alguén que se está escoitando ou observando].
  10. Manterse informado sobre [algo ou alguén].
  11. Presenciar [un acontecemento ou espectáculo].
  12. Observar o modo en que se suceden os elementos conectados dunha secuencia.
  13. Estruturar as clases de acordo coa forma en que se organiza o contido de [un libro].
  14. Interpretar o definido en [un documento con notación musical] ao tempo que se le, sendo fiel ao contido do docuimento.
  15. Frecuentar [unhas clases, un curso ou similar].
  16. Estar realizando aínda [algo].
  17. Ir a continuación de [algo].

Traducións

Conxugación


Castelán

  • Pronuncia: /se'ɣiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

seguir

  1. Seguir (ir detrás de [algo ou algúen]).
  2. Continuar, proseguir, seguir (volver facer [algo] despois dunha pausa).

Conxugación



Portugués

  • Pronuncia: /sɨ.ˈɡiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

seguir

  1. Seguir (ir detrás de [algo ou algúen]).
  2. Continuar, proseguir, seguir (volver facer [algo] despois dunha pausa).