causa
Saltar á navegación
Saltar á procura
Esta páxina procede da Galipedia. A páxina xunto co seu historial completo procede da Galipedia e polo de agora está pendente de formatar de acordo coas regras do Galizionario. |
Causa (do latín causa, -ae 'motivo', e este un calco do grego αἰτία 'acusación', 'imputación', 'motivo', 'fundamento') refírese a unha serie de condicións lóxicas que unen dous sucesos importantes.
Tamén pode referirse ao seguinte, seguindo á Real Academia Galega:
- Aquilo que produce ou ten como consecuencia certa cousa ou suceso.
- En dereito, disputa de dúas partes ante un xuíz para que este dite quen ten a razón.
- Conxunto de intereses que se defenden e polos que se loita.
Ademais, o termo causa utilízase nos seguintes casos:
- En dereito, a causa entendida como a finalidade de que cada suxeito persigue ao contraer unha obrigan.
- Tamén en dereito, pode referise a unha causa xudicial.
- En gastronomía, un prato da cociña peruana coñécese como Causa a la limeña.
- Causa, é un xénero de moluscos gasterópodos terrestres da familia dos helícidos (Helicidae).
- Algunhas veces, en filosofía, úsase como sinónimo de causalidade.
Tamén se usou como sigla:
- Da Compañía Aeronáutica Uruguaya S.A. (CAUSA).
- Da Confederación de Asociacións para a Unidade de Sociedades Americanas (CAUSA), creada en Nova York en 1980, unha das organizacións financiadas pola Igrexa da Unificación.
Véxase tamén[editar]
- Causa e efecto (concepto relixioso).
- Relación de causalidade. Teoría do dereito penal sobre o vínculo entre a conduta do axente e o resultado ilícito.