Saltar ao contido

colectivo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «colectivo».
  • Pronuncia: /kolekˈtiβo/ (AFI)

Adxectivo

colectivo (ms: colectivo; mpl: colectivos; fs: colectiva; fpl: colectivas)

  1. Pertencente ou relativo a unha agrupación de individuos, a un grupo ou a unha colectividade.
    • Exemplo: Cómpre atender as necesidades colectivas.

  2. Realizado ou compartido por varias persoas ou por un grupo.
    • Exemplo: Presentouse unha exposición colectiva de varios acuarelistas.

  3. (Gramática) Dito dun nome ou substantivo: que expresa, en singular, un conxunto de persoas, animais ou cousas.
    • Exemplo: 'Asemblea, rabaño e tropa son substantivos colectivos.


Substantivo masculino

colectivo (sg: colectivo; pl: colectivos)

  1. Conxunto de persoas agrupadas para exercer unha determinada actividade en común, ou por intereses laborais, profesionais, sociais, culturais ou políticos.
    • Exemplo: Un colectivo de profesores reuniuse para acordar as súas reivindicacións.

    • Exemplo: O colectivo de artistas organizou unha mostra conxunta.

Sinónimos

Antónimos

Termos relacionados

Traducións

Referencias