memoria

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «memoria».
  • Pronuncia: /meˈmɔɾja̝/ (AFI)

Substantivo feminino

memoria (sg: memoria; pl: memorias)

  1. Facultade mental que permite a un suxeito rexistrar e reter na mente cousas pasadas.
    • Exemplo: Ten unha memoria prodixiosa: a súa cabeza rexistra todo.

  2. (Informática) Por analoxía, dispositivo físico no que se almacenan datos, programas, etc., no que a máquina busca as informacións que lle son necesarias para o desenvolvemento do seu traballo.
    • Exemplo: A súa computadora é antiga e a súa memoria non é abonda para as cousas que ten que facer.

Locución substantiva feminina

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

memoria

  1. Memoria.


Italiano

Substantivo feminino

memoria

  1. Memoria.