perdoar
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués perdõar.
- Pronuncia: [peɾ.ðoˈaɾ] (AFI)
perdoar
- Deixar de querer mal a alguén que nos foi hostil ou nos fixo sufrir, non aplicando un castigo ou punición a esa persoa; non gardar resentimentos en relación a alguén.
- Aceptar ou tolerar unha característica negativa de alguén.
- Eximir do pagamento dunha débeda.
- (Imperativo) Utilizado para, de forma delicada, interromper un discurso falado, pedindo desculpa por proceder a esa interrupción.
- Exemplo: Perdoa, pero téñome que ir.
- Exemplo: Perdoa, pero téñome que ir.
- (Coloquial, na negativa) Que resulta inevitábel, fatal.
- Exemplo: A idade non perdoa.
- Exemplo: A idade non perdoa.
- (Coloquial, en xeral na negativa) Deixar (non deixar) de facer algunha cousa.
- Exemplo: Non perdoa o seu coñac matutino.
- Exemplo: Non perdoa o seu coñac matutino.
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
Infinitivo | perdoar |
Xerundio | perdoando |
Participio | perdoado, perdoada, perdoados, perdoadas |
1 Vostede(s) |
Traducións
- Castelán: perdonar (es).
- Francés: pardonner (fr).
- Inglés: pardon (en), forgive (en).
- Italiano: perdonare (it).
- Portugués: perdoar (pt).
- Vasco: barkatu (eu).
Portugués
- Etimoloxía: do galego-portugués perdõar.
perdoar
Expresións
- perdoar o mal que faz pelo bem que sabe: dise sobre algo que é prexudicial para a saúde.