límite

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «límite».

Substantivo masculino

límite (sg: límite; pl: límites)

  1. Liña, lugar que sinala onde acaba un país, unha rexión, un terreo etc., ou que o separa doutro.
    • Exemplo: O río Eo marca o límite entre Galicia e Asturias. O espazo non ten límites.

  2. Punto inicial ou final dun período.
    • Exemplo: Estableceron como data límite o 30 de xuño

      .
  3. Punto do que non se pode ou non se debe pasar.
    • Exemplo: Chegou ao límite das súas forzas. Paciencia sen límites.

  4. (Matemáticas) Valor cara ao que tende unha función ou sucesión.
    • Exemplo: O límite de 1/n cando n tende a infinito é igual a cero.