vir
Aparencia
| Grafías semellantes: Vir |
Galego
Etimoloxía: do galego-portugués vĩir, do latín venīre.
Pronuncia: /ˈbiɾ/ (AFI)
vir
- Desprazarse cara ao lugar onde está a persoa que fala ou cara a un punto tomado como referencia.
- Dirixirse ao mesmo lugar ca a persoa que fala, acompañándoa.
- Sinónimos: acompañar, acompañarse, ir con
- Antónimos: quedar, separarse, afastarse
- Termos relacionados: compañía, viaxe, acompañamento, grupo
- Exemplo: Vés connosco de viaxe?
- Exemplo: Se queres, podes vir comigo á feira.
- Chegar a un lugar despois de percorrer unha distancia ou facer unha viaxe.
- Sinónimos: chegar, arribar, aparecer, presentarse
- Antónimos: saír, partir, marchar, ausentarse
- Termos relacionados: chegada, viaxe, camiño, procedencia
- Exemplo: Veu de Lugo hai un pouco.
- Exemplo: Cando viñeron, xa era noite.
- Proceder, derivar ou ter orixe nun lugar, persoa ou cousa.
- Sinónimos: proceder, provir, derivar, orixinarse
- Antónimos: desembocar, rematar, ir dar
- Termos relacionados: orixe, procedencia, derivación, fonte
- Exemplo: Case todas as palabras do galego veñen do latín.
- Exemplo: Ese costume vén de moi antigo.
- Producirse, ocorrer ou ter lugar un acontecemento ou feito.
- Sinónimos: ocorrer, acontecer, producirse, suceder
- Termos relacionados: acontecemento, feito, suceso, circunstancia
- Exemplo: O frío do inverno vén antes nas zonas de montaña.
- Exemplo: Veulle a morte de repente.
- Manifestarse nunha persoa unha idea, sentimento, lembranza, sensación ou fenómeno físico ou anímico.
- Sinónimos: aparecer, xurdir, manifestarse, presentarse
- Antónimos: desaparecer, esvaecerse, esquecerse
- Termos relacionados: idea, lembranza, sentimento, sensación
- Exemplo: Veume á memoria aquel día tráxico.
- Exemplo: Viñéronme uns calafríos só de pensalo.
- Chegar ou estar próximo un momento, época, quenda ou período.
- Sinónimos: chegar, aproximarse, achegarse, estar por chegar
- Antónimos: pasar, rematar, quedar atrás
- Termos relacionados: tempo, época, quenda, futuro
- Exemplo: A semana que vén imos ao cine.
- Exemplo: Xa vén o inverno.
- Figurar, estar escrito ou aparecer algo nun texto, documento, indicación ou lugar determinado.
- Sinónimos: figurar, constar, aparecer, poñer
- Termos relacionados: texto, documento, indicación, inscrición
- Exemplo: As instrucións veñen por detrás.
- Exemplo: No contrato non vén esa cláusula.
- (vir ben ou vir mal) Ter unha cousa efecto positivo ou negativo sobre alguén ou algo.
- Sinónimos: prestar, sentar, acaer, convir
- Antónimos: prexudicar, desconvir, sentar mal
- Termos relacionados: efecto, saúde, conveniencia, beneficio
- Exemplo: Víñache ben un pouco de repouso.
- Exemplo: Ao teito non lle viña mal unha man de pintura.
- (vir ben ou vir mal) Acomodarse, cadrar ou sentar unha cousa dunha determinada maneira.
- Sinónimos: cadrar, acaer, sentar, quedar
- Antónimos: desentoar, desdicir, quedar mal
- Termos relacionados: acomodación, combinación, encaixe, aparencia
- Exemplo: Aquí víñalle ben un cadro de cores rechamantes.
- Exemplo: Non che vén mal a saia que che deixou túa irmá.
- (vir a + infinitivo) Chegar a ser, resultar ou equivaler aproximadamente ao que se expresa.
- Sinónimos: chegar a, resultar, equivaler, vir sendo
- Termos relacionados: resultado, equivalencia, aproximación, conclusión
- Exemplo: Iso vén a demostrar o que dicíamos.
- Exemplo: A conta vén a ser a mesma.
- (vir de + infinitivo) Indicar que unha acción acaba de realizarse pouco antes do momento de que se fala.
- (vir + xerundio) Indicar o desenvolvemento gradual dunha acción ou proceso que comezou antes e continúa no momento de referencia.
- Sinónimos: ir + xerundio, continuar, seguir, desenvolverse
- Termos relacionados: perífrase, proceso, continuidade, gradualidade
- Exemplo: O proxecto vén medrando desde hai anos.
- Exemplo: Xa cho veño dicindo desde hai tempo.
virse
Expresións relacionadas
- de onde vés
- o que vén sendo
- se vén ao caso
- veña
- ven acá
- vir a
- vir a conto
- vir a menos
- vir a máis
- vir a ser
- vir abaixo
- vir ben
- vir de
- vir de familia
- vir de lonxe
- vir de vello
- vir en
- vir mal
- vir para
- vir por
- virse abaixo
- virse enriba
Termos relacionados
- vida
- vinda
- vido
- vindo
- chegar
- achegarse
- aproximarse
- proceder
- provir
- derivar
- ocorrer
- acontecer
- suceder
- aparecer
- xurdir
- figurar
- constar
- cadrar
- acaer
- sentar
- ir
- volver
- regresar
Traducións
1-3. Desprazarse cara ao falante, acompañar ou chegar
4. Proceder ou ter orixe
5-6. Ocorrer ou manifestarse unha idea, sentimento ou sensación
7-8. Chegar un tempo ou figurar nun texto
9-10. Vir ben ou vir mal
11-13. Perífrases con infinitivo ou xerundio
Pronominal. Virse
Conxugación
Verbo irregular da 3ª conxugación
| Infinitivo | vir |
| Xerundio | vindo |
| Participio | vido/vindo, vidos/vindos, vida/vindas, vidas/vindas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para vir.
- «vir» no DIGALEGO, Ir Indo.
Africáner
Etimoloxía: do neerlandés voor.
vir
- Para.
Baure
vir
Esloveno
vir
Latín
Etimoloxía: do protoitálico *wiros, do protoindoeuropeo *wiHrós.
vir
Portugués
Etimoloxía: do galego-portugués vĩir, do latín venire, de venio, do protoitálico *gʷenjō, do protoindoeuropeo *gʷm̥yéti, composto de *gʷem- e *-yéti.
vir
- Vir.
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do galego-portugués
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Verbos intransitivos en galego
- Verbos pronominais en galego
- Entradas en galego con expresións relacionadas
- Africáner
- Entradas en africáner derivadas do neerlandés
- Entradas en africáner con etimoloxía
- Preposicións en africáner
- Baure
- Substantivos en baure
- Esloveno
- Substantivos en esloveno
- Latín
- Entradas en latín derivadas do protoitálico
- Entradas en latín derivadas do protoindoeuropeo
- Entradas en latín con etimoloxía
- Substantivos en latín
- Portugués
- Entradas en portugués derivadas do galego-portugués
- Entradas en portugués derivadas do latín
- Entradas en portugués derivadas do protoitálico
- Entradas en portugués derivadas do protoindoeuropeo
- Entradas en portugués con etimoloxía
- Verbos en portugués