Aquarium Finisterrae

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Aquarium Finisterrae».
Porta do Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes, é un museo interactivo situado na cidade da Coruña dedicado á divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. O seu obxectivo é promover o coñecemento do océano e educar actitudes positivas cara ao medio mariño así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña. Encóntrase na costa coruñesa, no Paseo Marítimo, entre a Domus e a Torre de Hércules. As súas piscinas exteriores están comunicadas co océano Atlántico e están deseñadas cun sistema que as fai sensíbeis ás mareas. Ademais das súas piscinas e acuarios, contén elementos museísticos que ofrecen experiencias interactivas ao público. desde a súa apertura en 1999, até o 8 de febreiro de 2022, recibiu máis de 6 millóns de visitantes. Tras o accidente do petroleiro Prestige produciuse unha marea negra que afectou ao Aquarium Finisterrae, que sacaba a auga para a maioría dos seus depósitos directamente do mar, o que afectou ás focas, que comezaron a quedar fóra da auga máis tempo do habitual. Co fin de evitar futuras entradas de hidrocarburos (debido á frecuencia de accidentes deste tipo nas costas galegas), e tendo en conta que estes contaminantes afectan principalmente á superficie oceánica, construíuse un novo túnel de captación de auga a 17 metros de profundidade. A pandemia do COVID-19 paralizou moitas das actividades do museo, que deixou temporalmente de recibir rapaces de centros escolares, algo que se retomou en 2021. O acuario leva a cabo varios proxectos de investigación, como os que propiciaron a cría por primeira vez en catividade de pescada europea (Merluccius merluccius), sanmartiños (Zeus faber) e polbo común (Octopus vulgaris). Outras especies que crian alí son percebes (Pollicipes pollicipes), sepias (Sepia officinalis) ou cabaliños de mar. Ademais, periodicamente realízanse actividades divulgativas como a preparación e administración de alimentos para as focas, e outras dirixidas á infancia, como Durmindo cos tiburóns.

Véxase tamén

Museos Científicos Coruñeses