encontrar
Aparencia
Galego
Pronuncia: /eŋ.konˈtɾaɾ/ (AFI)
encontrar
- Dar con algo ou alguén que se buscaba.
- Dar con algo ou alguén por casualidade, sen buscalo expresamente.
- Sinónimos: achar, atopar, topar, bater con
- Antónimos: perder, desencontrar
- Termos relacionados: casualidade, encontro, achado
- Exemplo: Encontrei unha carteira na rúa.
- Exemplo: Polo camiño encontrou un vello amigo.
- Chegar a ter ou a dispor de algo que se necesita, se busca ou se procura.
- Ver, achar ou sorprender algo ou alguén nun determinado estado, situación ou circunstancia.
- Sinónimos: atopar, achar, ver, sorprender
- Termos relacionados: estado, situación, circunstancia, condición
- Exemplo: Encontramos as tendas pechadas.
- Exemplo: Cando chegamos, encontrámolo sentado á beira da porta.
- Considerar, xulgar ou ver algo ou alguén dunha determinada maneira.
- Sinónimos: achar, atopar, considerar, xulgar, estimar
- Termos relacionados: opinión, xuízo, consideración, impresión
- Exemplo: Non encontro ese rapaz nada guapo.
- Exemplo: Encóntroche mala cara; estás ben?
encontrarse
- Atoparse con algo ou alguén, especialmente por casualidade ou sen esperalo.
- Sinónimos: atoparse, toparse, bater, tropezar
- Antónimos: evitar, esquivar, desencontrarse
- Termos relacionados: encontro, casualidade, sorpresa
- Exemplo: Encontreime cun rapaz polo camiño.
- Exemplo: Na feira encontrouse cos seus antigos compañeiros.
- Reunirse ou coincidir dúas ou máis persoas nun lugar determinado.
- Confluír dúas ou máis cousas nun mesmo punto, lugar ou dirección.
- Estar nun determinado lugar, situación, estado ou grupo.
- Estar ou sentirse dunha determinada maneira, especialmente no referente á saúde, ao ánimo ou ao estado físico.
- Chocar, enfrontarse ou entrar en conflito dúas persoas, opinións, posturas ou intereses.
- Sinónimos: chocar, tropezar, enfrontarse, contrapoñerse
- Antónimos: coincidir, concordar, entenderse
- Termos relacionados: conflito, oposición, desacordo, interese
- Exemplo: Non se levan ben: sempre se encontran.
- Exemplo: As dúas interpretacións encóntranse neste punto.
Termos relacionados
Traducións
1-2. Dar con algo ou alguén
3-5. Conseguir, achar nun estado ou considerar
Pronominal. Encontrarse con alguén, reunirse ou confluír
Pronominal. Estar nun lugar ou sentirse dun xeito
Pronominal. Chocar ou enfrontarse
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
| Infinitivo | encontrar |
| Xerundio | encontrando |
| Participio | encontrado, encontrada, encontrados, encontradas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para encontrar.
- «encontrar» no DIGALEGO, Ir Indo.
Castelán
encontrar
Portugués
encontrar