accidente
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego

Etimoloxía: do latín accĭdens, -entis.
Pronuncia: /aɡ.θi.ˈden.te/ ou /aɡ.si.ˈden.te/ (AFI)
Substantivo masculino
accidente (sg: accidente; pl: accidentes)
- Suceso imprevisto ou casual que pode producir dano involuntario a persoas ou cousas.
- Exemplo: Houbo tres feridos nun accidente de tráfico.
- Suceso imprevisto ou casual que altera a orde regular das cousas.
- Exemplo: Salvo algún pequeno accidente, a súa carreira política foi brillante.
- Elevación ou depresión brusca que altera a regularidade do terreo.
- Exemplo: Era todo unha chaira, sen accidentes no terreo.
- Indisposición ou enfermidade xeralmente grave e que aparece de forma repentina.
- Exemplo: Accidente coronario.
- Síntoma grave que se presenta imprevistamente durante unha enfermidade, sen ser dos que a caracterizan.
- Exemplo: No quirófano houbo un accidente que complicou a operación.
- (Filosofía) Calidade ou estado que aparece en algo sen constituír un elemento esencial ou derivado da súa natureza esencial.
- {{exemplo|A escolástica ocupouse con detalle da noción de accidente.
- (Música) Cada un dos tres signos cos que se altera a tonalidade dunha nota musical.
- Exemplo: O sostenido o bemol e o becuadro son tres accidentes.
Substantivo masculino plural
accidentes