COVID-19

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «COVID-19».
Radiografía (TAC) pulmonar dun caso de pneumonía por COVID-19
  1. A COVID-19 é unha enfermidade infecciosa respiratoria causada polo virus SARS-CoV-2. Esta doenza foi identificada en 2019 en Wuhan, capital da provincia chinesa de Hubei, e desde aquela espallouse por todo o mundo, orixinando a pandemia por coronavirus de 2019–2021. Os seus síntomas comúns son febre, tose e dificultade para respirar. Outros síntomas poden ser dor muscular, produción de esputos, diarrea, dor de garganta, dor abdominal e perda do olfacto ou do gusto. Aínda que na maioría dos casos orixina síntomas leves, certa porcentaxe de casos progresa a pneumonía e ás veces a disfunción multiorgánica. O 25 de marzo de 2020, a taxa de letalidad global (proporción de mortes por número de casos diagnosticados) era do 4,5 %; variando desde o 0,2 % ao 15 % segundo o grupo de idade e outros problemas de saúde. O virus transmítese principalmente entre persoas en contacto próximo (entre 1 e 1,8 m) xeralmente por medio das pingas respiratorias producidas principalmente cando unha persoa tose ou espirra e mesmo cando fala. As medidas recomendadas para previr a infección son lavar as mans frecuentemente, o distanciamento social (manter unha distancia física doutros, especialmente dos doentes), tusir ou espirrar nun tecido ou na parte interna do cóbado e non tocar a cara coas mans sen lavar. O uso de máscaras de protección recoméndase en lugares públicos para minimizar o risco de transmisión. Desenvolvéronse tamén diversas vacinas e varios países iniciaron campañas masivas de vacinación. Non existe un tratamento antiviral para a COVID-19. A súa xestión implica o tratamento dos síntomas e de apoio, illamento e medidas experimentais. A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o gromo de coronavirus de 2019–20 de emerxencia sanitaria pública de preocupación internacional o 30 de xaneiro de 2020, e de pandemia o 11 de marzo de 2020.