auga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «auga».
Animación acelerada de como o xeo pasa a estado líquido nun vaso. Os 50 minutos transcorridos concéntranse en 4 segundos
  • Pronuncia: /ˈaw.ɣɐ/ ou /ˈaw.ħɐ/ (AFI)

Substantivo feminino

auga (sg: auga; pl: augas)

  1. (Química) Substancia incolora, inodora e insípida, líquida en condicións estándares de presión e temperatura, cuxa composición molecular é de dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno.
  2. (Meteoroloxía) Chuvia.
  3. (Arquitectura) Cada unha das vertentes dun tellado.

Termos relacionados


Traducións


Islandés

  • Pronuncia: /øyːɣa/ (AFI)

Substantivo neutro

auga (sg: auga; pl: augu)

  1. (Anatomía) Ollo.