Saltar ao contido

producir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pɾo.ðuˈθiɾ/ ou /pɾo.ðuˈsiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

producir

  1. Ter como consecuencia ou efecto aquilo que se expresa.
  2. Dar como froito, produto ou resultado natural a terra, a natureza, unha planta ou un animal.
  3. Fabricar, elaborar ou transformar materias primas en produtos, bens ou manufacturas.
  4. Crear unha obra artística, intelectual ou científica.
  5. (Economía) Dar un beneficio, rendemento ou ganancia.
  6. (Dereito) Presentar probas, documentos ou outros elementos nun xuízo ou procedemento.
  7. (Cinematografía) Proporcionar os medios económicos, técnicos ou organizativos necesarios para facer unha película, gravar un disco ou realizar unha obra audiovisual ou artística.


Verbo pronominal

producirse

  1. Ocorrer, acontecer ou ter lugar unha cousa.
  2. Aparecer ou xurdir como consecuencia dun proceso, cambio ou circunstancia.

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias


Castelán

Verbo transitivo

producir

  1. Causar, motivar, ocasionar, orixinar, producir, provocar, suscitar, xerar.