costa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈkɒs.tə/ (AFI)

Substantivo feminino

costa (sg: costa; pl: costas)

  1. Zona de terra que está próxima ao mar ou a un lago, e tamén a zona do mar ou dun lago próxima á terra.
    • Exemplo: Ao longo da costa hai moitas cidades e vilas mariñeiras. Por estas costas hai moita pesca. Viaxamos percorrendo as costas do lago Leman

      .
  2. Terreo en pendente, en particular o referido a un camiño ou outra vía.
    • Exemplo: O vello coche parouse nunha costa moi pina. Imos costa arriba. É doado camiñar costa abaixo

      .

Observacións

Substantivo feminino plural

  1. Parte posterior do corpo humano que vai dos ombreiros até o van.
    • Exemplo: Bateulle nas costas. O vestido deixáballe as costas ao aire

      .
  2. Parte superior do corpo dos animais que vai desde o pescozo até os cadrís.
    • Exemplo: Colocou a albarda nas costas do burro

      .
  3. As costelas e a parte do corpo onde están.
    • Exemplo: Deulle un pau nas costas que case llas rompe

      .
  4. (Deportes) Estilo de natación executado boca arriba que consiste en efectuar tracción cos brazos de forma alterna, mentres que as pernas se moven arriba e abaixo para axudar á propulsión e estabilización do corpo.
    • Exemplo: É a campioa de natación ás costas.

Observacións