Saltar ao contido

positivo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /po.si.ˈti.vo/ (AFI)

Adxectivo

positivo (ms: positivo; mpl: positivos; fs: positiva; fpl: positivas)

  1. Cousa que é beneficiosa, útil ou de proveito.
    • Exemplo: A súa actitude é moi positiva. Da entrevista tíranse consecuencias positivas.

  2. Persoa que ve o bo e práctico de algo.
    • Exemplo: Traballando con xente positiva aprendeu moito.

  3. Que afirma algo.
    • Exemplo: Deunos unha resposta positiva.

  4. Que ten carácter de certeza, de existencia real.
    • Exemplo: Feito positivo. Probas positivas.

  5. Lei ou relixión que foi promulgada ou instituída.
    • Exemplo: Lexislación positiva.

  6. (Física) Que é electricamente oposto ao negativo.
    • Exemplo: O protón ten carga positiva. O polo positivo da pila

      .
  7. (Matemáticas) Que é maior que cero.
    • {{exemplo|Se multiplicas dous números negativos, o resultado é positivo.

Observacións

Substantivo masculino

positivo (sg: positivo; pl: positivos)

  1. Resultado favorábel dunha proba.
    • Exemplo: Non houbo máis que un positivo en todas las probas realizadas.

  2. Proba de fotografía tirada a partir do negativo, que reproduce con exactitude o obxecto fotografado.
    • Exemplo: Un positivo en papel.