Museos Científicos Coruñeses

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Museos Científicos Coruñeses».
A Casa das Ciencias
  1. (Arquitectura) e (Ciencia) Os Museos Científicos Coruñeses son un servizo do concello da Coruña que abrangue tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus (Casa do Home) e o Aquarium Finisterrae, que se sitúan en diferentes lugares da cidade. O seu obxectivo é a divulgación, comunicación e educación científica e tecnolóxica dos cidadáns de todas as idades. Organiza exposicións, conferencias, premios, cursiños, proxeccións, edicións, e colabora cos medios de comunicación nas tarefas de difusión científica. Tamén participa no desenvolvemento e creación de reunións, foros e congresos. Nas súas instalacións pretende crear entretemento e ambientes distendidos onde os visitantes se familiaricen coa ciencia. Ofrece oportunidades para a diversión e máis o xogo, buscando a educación en valores, aptitudes e procedementos científicos, e vencellándoos a outros máis xerais como os de solidariedade, tolerancia, racionalidade, e respecto e protección do medio.

Véxase tamén

Aquarium Finisterrae, Casa das Ciencias, Domus