abrir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aˈbɾiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

abrir

  1. Separar (unha cousa móbil que tapa ou cobre unha abertura) de maneira que quede libre.
    • Exemplo: Abrir a carta. Hai moito fume aquí, abre as ventás.

  2. Facer que algo non estea fixo, pechado ou tapado por algún mecanismo.
    • Exemplo: Abre o fecho para podermos entrar. Como non abras o caixón, non o vas atopar. Abro a billa e deixo correr a auga para que vaia arrefriando.

  3. Descubrir, destapar, levantar, extraer, mover, separar, etc. a tapa, porta, cuberta ou calquera elemento dunha cousa, de xeito que se poida acceder a ela.
    • Exemplo: Está abrindo o día. Para picarmos co viño, vou abrir unhas latas de mexillóns en escabeche. Antes de que cheguen os convidados, non esquezas abrir as camas. Isto merece que abramos unhas botellas de reserva. Rapaces, abride o libro pola páxina trinta.

  4. Estender as partes de algo.
    • Exemplo: Como xesto da amizade que lle tiña, don Ramón abriu os brazos para recibilo. Abride ben as mans, non vaian caer as cereixas ao chan.

  5. Producir ou producirse unha fenda ou un burato nalgunha cousa.
    • Exemplo: Abriron a terra para faceren o camiño. Co tempo abriu a madeira das ventás, e agora non pechan ben. Despois da chuvieira, abriron as nubes.

  6. Cortar, separar, romper algo, de maneira que quede ao descuberto o seu interior.
    • Exemplo: Tan pronto como chegou a urxencias abríronlle o ventre. Rapaz, non abras as noces cos dentes. O camareiro abriu as ostras diante de nós.

  7. Facer que algo comece as súa actividade, por primeira vez ou despois dun tempo.
    • Exemplo: Xa abriron a exposición de Picasso. Vén tomar un café comigo, xa está aberto o bar da facultade.

  8. Ir en primeira posición dun grupo no que participan varios.
    • Exemplo: Abría o desfile a banda de música. A representante do grupo mixto, como sempre, abriu o debate.

Verbo intransitivo

abrir

  1. Comezar algo a súa actividades por primeira vez, ou despois dun tempo.
    • Exemplo: A oficina abre ás nove. Xa van abrir os cines do centro comercial novo.

  2. Facerse claro o día.
    • Exemplo: A ver se abre e podemos saír a dar unha volta polo parque.

  3. Estenderse as partes de algo.
    • Exemplo: As flores adoitan abrir en primavera.

  4. (Botánica) Botar abrochos ou gromos [unha planta].
  5. Formarse aberturas ou fendas nunha cousa.
    • Exemplo: Mira como a fixeron, que a parede xa abriu por tres sitios. Os taboleiros abriron por quedaren ao sol.

  6. Sufrir dano (un membro, unha articulación, etc.) a causa dun golpe ou dun esforzo.
    • Exemplo: Con aquel golpe abriu o pé, e dóeme.

Traducións


Verbo pronominal

abrir

  1. Separarse, unha cousa móbil que tapa unha abertura, quedando esta libre.
    • Exemplo: As contras abríronse co vento.

  2. Estenderse as partes de algo.
    • Exemplo: Co vento, abríuseme o paraugas.

  3. Sufrir dano (un membro, unha articulación, etc.) a causa dun golpe ou dun esforzo.
    • Exemplo: De levar tanto tempo o fusil en "suspendan" abríuseme o brazo.

  4. Quedar descuberta unha cousa ou parte dela, separándose ou quitándose o que a tapaba.
    • Exemplo: Á mañanciña, á nena abríronselle os ollos pouco a pouco.

Expresións relacionadas


Traducións

Conxugación


Castelán

Verbo

abrir

  1. Abrir.


Portugués

  • Pronuncia: /a'brix/ (Brasil) (AFI)

Verbo

abrir

  1. Abrir.