abro
Galego
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fb/Abrus_precatorius_Blanco1.156-cropped.jpg/250px-Abrus_precatorius_Blanco1.156-cropped.jpg)
abro (sg: abro; pl: abros)
- (Botánica) Arbusto ou subarbusto da familia das fabáceas, Abrus precatorius Linné, de caules volúbeis, fráxiles, con follas paripinnadas, flores rosadas e sementes pequenas, ovoides, do tamaño dun chícharo, de cor vermella intensa, cunha mancha negra, coñecidas en Europa como chícharos ou ervellas de América, que conteñen unha substancia tóxica chamada abrina.
- Exemplo: Coas sementes do abro fanse colares e rosarios.
- Exemplo: Coas sementes do abro fanse colares e rosarios.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/94/Abrus_precatorius_seeds.jpg/250px-Abrus_precatorius_seeds.jpg)