día

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Dia ,    dia

Galego

  • Pronuncia: [ˈd̪i.ɐ] (AFI)

Substantivo masculino

día (sg: día; pl: días)

  1. (Tempo) Tempo que tarda a Terra en ter a mesma orientación respecto ó Sol, rotando sobre o seu eixo: 24 horas.
  2. Tempo durante o que se ve a luz do Sol sobre o horizonte. Por extensión, claridade, luz do Sol.
  3. Por extensión, tempo atmosférico.
    • Exemplo: Onte fixo un día de merda.

  4. Por extensión, estado de ánimo.
    • Exemplo: Desde logo, ¡vaia día que tes!

  5. Data.
    • Exemplo: Que día naceu Castelao?; A que día estamos hoxe?

  6. Época ou circunstancia.
    • Exemplo: El está esperando o día da súa vinganza.

Termos relacionados

  1. luns ou segunda feira
  2. martes, terza feira ou terceira feira
  3. mércores, corta feira ou cuarta feira
  4. xoves ou quinta feira
  5. venres ou sexta feira
  6. sábado
  7. domingo

Traducións

Traducións

Asturiano

Substantivo masculino

día (sg: día; pl: díes)

  1. (Tempo) Día.


Castelán

  • Pronuncia: /ˈdi.a/ (AFI)

Substantivo masculino

día (sg: día; pl: días)

  1. (Tempo) Día (todas as acepcións).