articulación
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [aɾ.ti.ku.laˈθjoŋ] (AFI)
singular | plural |
articulación | articulacións |
- Acción e efecto de articular.
- (Anatomía) Unión entre dous ou máis ósos.
- Sinónimos: artello, xoga, xogo.
- Termos relacionados: artrite, artrose, esqueleto, anfiartrose, diartrose, sinartrose.
- (Zooloxía) Por extensión, unión de dúas pezas do esqueleto externo dos animais invertebrados.
- Sinónimos: artello.
- Por extensión, unión de dúas partes móbiles dunha máquina.
- Emisión dun son polos órganos da voz.
Traducións
Castelán
articulación (sg: articulación; pl: articulaciones)