cubrir
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués cobrir (século XIII, Cantigas de Santa Maria), do latín cooperīre, de cooperiō.
- Pronuncia: [kuˈβɾiɾ] (AFI)
cubrir
- Satisfacer os gastos orixinados.
- Ter [un líquido] a capacidade para deixar completamente somerxido a alguén.
cubrirse
- Quedar oculto por algo.
- Situar algo sobre o corpo ou parte del para impedir que se vexa.
- Sinónimos: taparse.
- Situarse fóra do alcance dun ataque.
- Exemplo: Cubrídevos ben, hai un francotirador na torre daquela igrexa.
- Exemplo: Cubrídevos ben, hai un francotirador na torre daquela igrexa.
- Chegar a ter moito [de algo].
- Sinónimos: encherse.
cubrir
- Situar algo sobre [algo ou alguén] para impedir que se vexa.
- Sinónimos: tapar.
- Impedir [algo ou alguén] que se vexa [algo ou alguén situado entre el e o punto de vista].
- Estenderse sobre toda ou parte da superficie de [algo ou alguén].
- Introducir información nos ocos de [un documento].
- Exemplo: Tes que cubrir estes formularios para solicitar a bolsa de estudos.
- Sinónimos: encher.
- Exemplo: Tes que cubrir estes formularios para solicitar a bolsa de estudos.
- Igualar os ingresos a [uns gastos].
- Constituír o apoio económico necesario para [algo].
- Unirse [un animal macho] con [unha femia] para fecundala.
- Sinónimos: montar.
- Protexer [a alguén] durante unha acción arriscada.
- Exemplo: Cubrídeme, vou intentar chegar ata aquela metralladora.
- Exemplo: Cubrídeme, vou intentar chegar ata aquela metralladora.
- Apoiar unha acción arriscada.
- Ocuparse [un medio de comunicación ou periodista] de informar sobre [algo].
- (Deportes) Controlar os movementos de [un xogador adversario].
- Facer [algo ou a alguén] obxecto de algo.
- Exemplo: Os xogadores do Celta cubriron de gloria a cidade olívica.
- Exemplo: Os xogadores do Celta cubriron de gloria a cidade olívica.
- Darlle a [alguén] moito [de algo].
- Deixar [un líquido] completamente somerxido [algo ou a alguén].
- Ocupar [alguén] un cargo ou posto de traballo.
- Desprazarse ao longo de [unha distancia].
- Exemplo: Temos que cubrir outros tres quilómetros antes do solpor.
- Sinónimos: percorrer.
- Exemplo: Temos que cubrir outros tres quilómetros antes do solpor.
Conxugación
Verbo semirregular da 3ª conxugación
Infinitivo | cubrir |
Xerundio | cubrindo |
Participio | cuberto, cuberta, cubertos, cubertas |
1 Vostede(s) |