movemento
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Pronuncia: /moβeˈmento̝/ /moβeˈmɛnto̝/ (AFI)
Substantivo masculino
movemento (sg: movemento; pl: movementos)
- Acción de moverse, de mudar de lugar ou posición un corpo ou algunha das súas partes.
- Presenza dun gran número de persoas que deslocan dun lugar para outro ou que realizan calquera tipo de actividade.
- Cantidade de grandes vehículos cos que se fan deslocamentos ou de mercancías coas que se realizan distintas operacións.
- Conxunto de manifestacións que supoñen unha mudanza con respeito a algo establecido na arte, sociedade...
- (Música) Cada un dos fragmentos dunha sonata, unha sinfonía, etc., de acordo co contraste de tempo existente entre eles.