vista
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego

vista (sg: vista; pl: vistas)
Substantivo feminino
- Sentido polo que o home e os animais se percibe a forma e mais a cor dos obxectos, debido á luz que reflicten as superficies que o compoñen.
- Exemplo: Coa idade, a vista comeza a fallar. Ten unha vista de lince.
- Os ollos, como portadores deste sentido.
- Exemplo: Dirixir a vista cara ao teito. Ten a vista torcida.
- Conxunto de cousas que se perciben visualmente desde o lugar onde un está situado.
- Exemplo: Desde o balcón ofrécese aos nosos ollos unha fermosa vista. paisaxe, panorama
- Fotografía, debuxo, cadro etc., que representa unha paisaxe.
- Exemplo: Unha vista aérea da illa da Toxa.
- Calidade para percibir ou intuír cousas que outros non intúen.
- Exemplo: Que vista tivo! Fíxoche un bo negocio ao investir nesa empresa.
- Aparencia, aspecto ou disposición das cousas que se ven.
- {{exemplo|Colocados así os mobles teñen mellor vista.
- (Dereito) Actuación na que se fai relación ante un tribunal dun xuízo, para pronunciar sentenza, oíndo ao fiscal, e aos defensores ou interesados que a ela concorran.
- Exemplo: O martes vai comezar a vista polo asasitato.
Substantivo masculino
- Funcionario de aduanas a cuxo cargo está o control das equipaxes e das mercadorías
- Exemplo: O vista encontrou dúas bolsas de cocaína na maleta.
Observacións
- Na 1ª acepción o seu sinónimo é visión.
- Na 1ª acepción o seu sinónimo é mirada.
- Na 3ª acepción os seus sinónimos son paisaxe e panorama.
Termos relacionados
á vista, á vista de, a vista de paxaro, ata a vista, vista, dupla vista, apartar alguén a vista, baixar alguén a vista, botar alguén a vista a algo, botar unha vista, cravar alguén a vista, comer coa vista a alguén ou a algo, con vistas a, coñecer de vista a alguén, curto de vista, en vista de, facer a vista gorda, fixar alguén a vista, golpe de vista, non perder de vista, nubrarse a vista, perder de vista a alguén ou a algo, punto de vista, ración de vista, torcer a vista, vista cansada, vista de aguia, vista de lince.