Saltar ao contido

aéreo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     aereo

Galego

  • Pronuncia: /aˈɛɾe̯o̝/ (AFI)

Adxectivo

aéreo (ms: aéreo; mpl: aéreos; fs: aérea; fpl: aéreas)

  1. Pertencente ou relativo ao aire.
    • Exemplo: Correntes aéreas. Espazo aéreo.

  2. Que está, que ocorre, que se desenvolve no aire, na atmosfera.
    • Exemplo: Batalla aérea. Cables aéreos.

  3. Pertencente ou relativo á aviación ou aos avións.
    • Exemplo: Base aérea. Compañía de liñas aéreas.

  4. (Bioloxía) Dito dun ser vivo ou dalgunha das súas partes, que vive en contacto directo co aire atmosférico.
    • Exemplo: Esta planta ten algunhas raíces aéreas.

Termos relacionados

acrobacia aérea, base aérea, controlador aéreo, corredor aéreo, correo aéreo, espazo aéreo, forza aérea, navegación aérea, pirata aéreo, ponte aéreo, rexión aérea, vesícula aérea.