Saltar ao contido

fecundar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /fe.ˈkun.dar/ (AFI)

Verbo transitivo

fecundar

  1. (Bioloxía) Unirse unha célula reprodutora masculina (espermatozoide) á feminina (óvulo) para dar orixe a un novo ser. Dito proceso denomínase fecundación.
    • Exemplo: Todos os seres pluricelulares poden fecundarse.

  2. (Zooloxía) Facer un animal macho mediante a unión sexual coa femia (coito), que se dea ese proceso.
    • Exemplo: O cabalo montou á egua para fecundala.

  3. (Figurado) Facer produtivo algo.
    • Exemplo: A auga fecundou a terra.

Termos relacionados

fecundábel, fecundable, fecundación, fecundación artificial, fecundación in vitro, fecundador, fecundamente, fecundante, fecundo

Conxugación