Saltar ao contido

constituír

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kons.ti.tu.ˈiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

constituír

  1. Crear ou dar existencia a certa cousa non material.
    • Exemplo: Constituír un partido político. Constituíron unha sociedade deportiva.

  2. Ser algo ou alguén a parte ou compoñente de algo que se expresa.
    • Exemplo: Constitúen a asociación varios intelectuais.

  3. Ser unha cousa aquilo que se expresa.
    • Exemplo: A lingua constitúe a auténtica alma dun pobo. O Sol e os planetas constitúen o sistema solar.

Verbo pronominal

constiuírse

  1. Estar algo formado pola cousa ou cousas que se expresan.
    • Exemplo: Unha máquina constitúese de varias pezas.

  2. Formar certa cousa a partir doutras, pasar a ter existencia.
    • Exemplo: Constituíuse un grupo de ecoloxistas.

  3. Tomar unha obriga, cargo ou coidado.
    • Exemplo: Constituíuse en fiador

      .
  4. Dito dun tribunal, unha xunta, etc., reunirse.
    • Exemplo: O Congreso dos Deputados constituirase mañá en sesión ordinaria.

Traducións

Conxugación