alvéolo
Aparencia
Grafías semellantes: alveolo |
Galego
- Pronuncia: /alˈβeo̝lo̝/ (AFI)
alvéolo (sg: alvéolo; pl: alvéolos)
- Calquera oco, cavidade ou depresión de pequenas dimensións nunha superficie.
- (Apicultura) Cela ou casulo do favo das abellas e doutros insectos himenópteros.
- (Bioloxía) Depresión de pequenas dimensións na superficie de calquera órgano.
- (Micoloxía) Cavidade na que se atopa o himenio dos fungos ascomicetos.
- (Xeomorfoloxía) Cavidade ou depresión de pequenas dimensións (de até varios centímetros) e forma globular, escavada nunha rocha por acción química disolución) ou mecánica (pola abrasión do vento cargado de area).
- (Xeomorfoloxía) Depresión de grandes dimensións (de varios hectómetros a varios quilómetross de diámetro) escavada nos zócolos cristalinos debida ao afloramento de rochas alterábeis ou ao entrecruzamento de liñas de fractura.
- (Zooloxía) Cada unha das cavidades escavadas na parede interna do barrete dos ruminantes.