ruminante
Aparencia
Galego

Pronuncia: /ru.mi.ˈnaŋ.te̯/ (AFI)
ruminante
(sg: ruminante; pl: ruminantes)
- (Zooloxía) Que remoe a comida.
- Exemplo: A vaca e o boi, a cabra, a ovella ou o cervo son animais ruminantes; o cabalo, non.
- Exemplo: A vaca e o boi, a cabra, a ovella ou o cervo son animais ruminantes; o cabalo, non.
ruminantes
- (Zooloxía) Suborde de mamíferos artiodáctilos, que regurxitan o alimento para mastigalo por segunda vez (remoeira). Caracterízanse polo especial desenvolvemento do aparato dixestivo, cun estómago composto dividido en catro cámaras: rume, barrete, libro e calleiro.
- Exemplo: Ser vaca nunca foi doado, pero ela, que noite tras noite escoitaba os veciños de cuarto, xa case prefería a súa condición de ruminante irracional.Xosé Turnes Paredes: A vaca en Galicia
- Exemplo: Ser vaca nunca foi doado, pero ela, que noite tras noite escoitaba os veciños de cuarto, xa case prefería a súa condición de ruminante irracional.
ruminante
- (Zooloxía) Individuo da suborde dos ruminantes.
- Nome científico: Ruminantia (Scopoli, 1777)
Termos relacionados
remoallo, remoeira, remoer, rumiallo, ruminación, rume, rumiar
