Saltar ao contido

presentar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /pɾe.senˈtaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

presentar

  1. Poñer algo diante dunha persoa ou grupo para que o vexan, examinen, coñezan ou xulguen.
  2. Dar a coñecer publicamente unha obra, produto, proxecto, informe ou proposta.
  3. Entregar unha instancia, solicitude, documento, proba ou escrito ante unha persoa, entidade ou rexistro.
  4. Ofrecer algo un determinado aspecto, aparencia, característica, estado ou dificultade.
  5. Facer que dúas ou máis persoas se coñezan.
  6. Anunciar unha persoa, artista, número ou parte dun espectáculo, acto ou programa.
  7. Conducir ou animar un programa de radio ou televisión, un espectáculo, unha festa ou un acto público.
  8. Propoñer ou facer figurar alguén como candidato, aspirante ou representante.


Verbo pronominal

presentarse

  1. Aparecer nun lugar ou diante de alguén, especialmente de maneira inesperada ou sen aviso.
  2. Comparecer ante unha autoridade, persoa, institución ou lugar onde se debe estar.
  3. Participar como candidato, aspirante ou examinado nunha proba, concurso, elección, oposición ou exame.
  4. Ofrecerse alguén voluntariamente para facer algo.
  5. Ocorrer, xurdir ou producirse un acontecemento, situación, ocasión ou dificultade.
  6. Manifestarse, aparecer ou facerse visible unha cousa cun aspecto, forma ou estado determinado.

Observacións

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias


Castelán

Verbo

presentar

  1. Presentar.