Saltar ao contido

internacional

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /in.teɾ.na.θjo.ˈnal/ ou /in.teɾ.na.sjo.ˈnal/ (AFI)

Adxectivo

internacional (sg: internacional; pl: internacionais)

  1. Pertencente ou relativo a dúas ou máis nacións.
    • Exemplo: Acordo internacional

      .
  2. Pertencente ou relativo a países distintos do propio.
    • Exemplo: Información internacional

      .
  3. Acto, asemblea, etc., que conta coa participación de individuos de distintos países.
    • Exemplo: Congreso internacional de zooloxía. Competición internacional de fútbol.

  4. Que superasa ou superou os límites do seu país.
    • Exemplo: Picasso foi un pintor internacional.

  5. Que é coñecido ou recoñecido en diferentes nacións.
    • Exemplo: Un avogado de prestixio internacional. Un actor de fama internacional.

  6. Que actúa en distintos países.
    • Exemplo: A Sinfónica de Galicia é unha orquestra internacional.

  7. (Deportes) Dito dun deportista, que participa ou participou en competicións internacionais representando oficialmente ao seu país.
    • Exemplo: Sergio Ramos é o xogador de fútbol que máis veces (181) foi internacional coa selección española

      .
  8. (Política) cada unha das organizacións internacionais nas que se agruparon os partido políticos e os sindicatos de ideoloxía revolucionaria desde mediados do século XIX.
    • Exemplo: A Cuarta Internacional.

  9. (Política) Organización política que agrupa os partidos de todas as nacións cunha ideoloxía afín.
    • Exemplo: A Internacional Socialista

      .

Termos relacionados

augas internacionais, convenio internacional, corte penal internacional, dereito internacional, mandato internacional, sistema internacional de unidades, tratado internacional, tribunal penal internacional

Substantivo

internacional (sg: internacional; pl: internacionais)

  1. Individuo que intervén ou interveu en eventos internacionais.
    • Exemplo: Os internacionais da selección española

      .

Traducións


Castelán

Adxectivo

internacional (ms: internacional; mpl: internacionales; fs: internacional; fpl: internacionales)

  1. Internacional.


Portugués

Adxectivo

internacional (ms: internacional; mpl: internacionais; fs: internacional; fpl: internacionais)

  1. Internacional.