disolución
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín dissolutio, -ōnis.
Pronuncia: /di.so.lu.ˈθjoŋ/ ou /di.so.lu.ˈsjoŋ/ (AFI)
disolución
(sg: disolución; pl: disolucións)
- Acción e efecto de disolver ou disolverse.
- Proceso polo que unha substancia, o soluto, se dispersa noutra substancia, o disolvente, e orixina un sistema homoxéneo en canto á súa composición molecular.
- (Política) Procedemento efectuado baixo a forma de decreto, mediante o que o polo que o poder executivo acurta o período de mandato lexislativo do Parlamento e fixa a data de novas eleccións.
- (Dereito) Acto xurídico que abre o proceso de liquidación dunha sociedade.
- (Dereito) Ruptura, por calquera das causas legais, do vínculo matrimonial validamente celebrado.
- (Figurado) Relaxación dos costumes.
Sinónimos
solución (nos termos físico-químicos)