abrasión
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /a.βɾaˈsjoŋ/ (AFI)
abrasión (sg: abrasión; pl: abrasións)
- Acción de desgastar ou arrincar algo por fricción ou raspado.
- (Patoloxía) Exulceración superficial da pel ou das mucosas, producida por rozaduras ou por axentes químicos.
- (Cirurxía) Intervención cirúrxica consistente en raspar ou limar algo (un dente, un óso, a córnea, o útero, etc.).
- (Dermatoloxía) Método para o tratamento dalgunhas enfermidades, particularmente para a destrución de cicatrices, consistente no fresado superficial dos tecidos.
- (Odontoloxía) Destrución de parte do tecido duro dos dentes, (ou dos seus bordos cortantes, pola acción dunha fresa.
- (Medicina) Acción irritante dos purgantes moi enérxicos.
- (Xeomorfoloxía) Erosión mecánica das rochas costeiras polo embate da auga, areas, cascallos e outros fragmentos rochosos mobilizados polas ondas, e polo aire comprimido por estas, nas fendas e furnas dos acantilados.
- (Xeomorfoloxía) Desgaste das rochas pola acción mecánica das areas arrastradas polo vento.
- Termos relacionados: corrasión.