cristalino

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kɾis.t̪a.ˈli.no/ (AFI)

Adxectivo

cristalino (ms: cristalino; mpl: cristalinos; fs: cristalina; fpl: cristalinas)

  1. Que ten o aspecto ou a aparencia do cristal, pola súa transparencia.
    • Exemplo: Río de augas cristalinas.

  2. (Figurado) Voz que, pola súa pureza, recorda o son producido polo cristal.
    • Exemplo: Engaiolou o público coa súa voz cristalina.

  3. (Xeoloxía) Relativo ou pertencente aos corpos sólidos nos que os átomos se agrupan en formas xeométricas determinadas.
    • Exemplo: Rede cristalina.

Substantivo masculino

cristalino (sg: cristalino; pl: cristalinos)

  1. (Anatomía) Lente biconvexa transparente, situada detrás da pupila do ollo, que forma parte do mecanismo de refracción deste, concentrando os raios luminosos sobre a retina.
    • Exemplo: O seu astigmatismo débese a un defecto do cristalino.

Termos relacionados

estrato cristalino, sistema cristalino