liña

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

  • Twemoji12 1f5e3.svg Pronuncia: [ˈli.ɲɐ] (AFI)

Open book 01.svg Substantivo feminino

liña (sg: liña; pl: liñas)

  1. Trazo longo e fino. Fíxolle un retrato con catro liñas.
  2. Ringleira de cousas semellantes colocadas unha detrás doutra. Plantou só unha ducia de liñas de millo.
  3. Grupo de palabras escritas horizontalmente. Na segunda liña hai un erro ortográfico.
  4. (Matemáticas) Conxunto de puntos infinitamente próximos nunha dirección.
  5. (Mariña) Aparello de pesca feito dun só fío, ao cal se lle empatan un ou varios anzois, chumbadas e outros obxectos, como xiratorios e que se empregan na pesca de peixes e cefalópodos. Rompeu a liña e o peixe zafouse.
  6. Servizo de transporte colectivo. As liñas aéreas non soportarán a suba do petróleo.
  7. Servizo de comunicacións. Instalou unha liña ADSL.
  8. Parentesco, relación familiar. A hemofilia hérdase por liña materna.
  9. Posicións do exército. As liñas inimigas resistiron durante case un mes.
  10. Aspecto físico, especialmente no sentido de delgadez ou gordura. Fai moito exercicio para mante-la liña.
  11. En sentido figurado, orientación que segue unha persoa ou colectivo. Como sigas nesa liña voute expulsar da clase.

Sinónimos

Locucións

Traducións

Véxase tamén