grande

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈɡɾaŋde̝/,/ˈhra̯ŋdɪ̯/ (AFI)

Adxectivo

grande (sg: grande; pl: grandes)

  1. De maior tamaño, volume ou extensión en relación cos demais.
    • Exemplo: Burro grande, ande ou non ande.

  2. Amplo, sobrante.
    • Exemplo: A chaqueta quédache grande.

    • Sinónimos: amplo, cumprido.
  3. Máis importante en relación cos demais.
    • Exemplo: Desde logo, era unha grande actriz.

  4. (Anatomía) Terceiro óso da fila distal do carpo, de maior tamaño cos outros.
    • Observacións: úsase tamén como substantivo.
    • Sinónimos: capitado, magno.

Observacións

Úsase tamén a forma apocopada gran, que debe utilizarse cando o substantivo ó que se lle aplica comeza con consoante.

  • Unha grande árbore
  • Un gran castiñeiro

Termos relacionados

Traducións

Substantivo

grande (sg: grande; pl: grandes)

  1. Persoa recoñecida, importante.
    • Exemplo: Adolfo Suárez foi un dos grandes da transición.


Castelán

Adxectivo

grande (sg: grande; pl: grandes)

  1. Grande.


Portugués

Adxectivo

grande (sg: grande; pl: grandes)

  1. Grande.