parede

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «parede».
  • Pronuncia: /paˈɾeðe̝/ (AFI)

Substantivo feminino

parede (sg: parede; pl: paredes)

  1. (Arquitectura) Obra de cantaría ou albanelería levantada verticalmente e feita de pedra, ladrillo ou outro material, que serve para formar o exterior dun edificio ou dividilo, ou ben para delimitar un espazo.
  2. Cara ou superficie lateral dun corpo.
  3. Corte vertical, ou case, na cara dunha montaña.
  4. (Anatomía) Estrutura que pecha ou limita unha cavidade ou un órgano.
    • Exemplo: A parede abdominal.

  5. (Figurado) Conxunto de persoas ou cousas fortemente unidas.

Termos relacionados

Traducións


Portugués

Substantivo feminino

parede (sg: parede; pl: paredes)

  1. (Arquitectura) Parede.
  2. (Anatomía) Parede.

Termos relacionados